CEO ABERTO
español │galego

Somos unha empresa fundada en Vigo en 1995.
Durante todos estes anos vimos realizando múltiples servizos relacionados coa actividade cultural e co mundo creativo e da comunicación.

As actividades que desenvolvemos (educativas, deseño de exposicións e de postos ou arquitectura efémera e deseño gráfico e infografía) aplícanse e adáptanse aos diferentes ámbitos e ás distintas necesidades que se presentan en cada caso.

Co noso traballo pretendemos facer realidade calquera idea ou presentar diferentes alternativas para levala a cabo. Pensamos que as nosas ideas non teñen límite, soamente é cuestión de crear, imaxinar e soñar...