Trátase dun espazo inmersivo semiesférico no que se realizan proxeccións educativas sobre temas científicos.
Para a súa instalación só se requiren 15 minutos e as esixencias de espazo e servizos son mínimos: unha toma de corrente a menos de 15 metros e un espazo cuberto de 5 m x 5 m x 3 m.
O noso Planetario Burbulla, polo que xa pasaron máis de 50.000 estudantes de toda Galicia, ofrece a posibilidade de trasladar a experiencia de visitar un planetario a calquera espazo.
Cun tempo de instalación inferior a 15 minutos, permite a realización de sesións de planetario adaptadas aos niveis dos asistentes.
Dende os nosos comezos, un dos nosos primeiros ámbitos de traballo foi o desenvolvemento e xestión de actividades educativas.
Trátase de realizar unha xincana a través de Internet, para o que hai que superar un conxunto de adiviñas que proporcionan o acceso ao seguinte nivel.
Os participantes compiten de forma simultánea, dispoñendo de información da clasificación en tempo real, o que dispara a emoción do xogo.
Se se desexa, cun segundo proxector, poden ir ofrecéndose pistas para que os grupos máis demorados non sintan frustración ou desánimo.
A finalidade destes obradoiros é mostrar a ciencia dende un punto de vista lúdico e educativo, neles abórdanse distintas disciplinas científicas: