CEO ABERTO
Quiénes somos
español │galego
Caixanova na Rúa

Cliente: Caixanova.

Proposta: Desenvolver talleres científicos a pé de rúa coa intención de achegar a ciencia ao público de forma amena.

Proxecto: A actividade, de tipo itinerante, desenvólvese no interior dunha cúpula de montaxe rápida de 9 m de diámetro

Cúpula R
Ln42

Cliente: Caixa Galicia.

Pproposta: Deseñar un evento itinerante de grandes dimensións de carácter tecnolóxico con contidos lúdicos e educativos.

Proxecto: Proxectouse unha carpa de 25 x 10 m e asociouse unha cúpula inchable de deseño exclusivo.

Na carpa ofrecéronse 7 actividades enfocadas ao público de todas as idades e a cúpula albergou un planetario e unha sala de proxección de ambiente inmersivo.

ln42
Cúpula R

Cliente: R.

Proposta: Achegar a sociedade da información á poboación galega.

Proxecto: Ideouse unha acción itinerante consistente nunha cúpula inchable de deseño exclusivo na que se incluíron actividades de marcado carácter tecnolóxico.

Cúpula R
Festa R

Proposta: Crear un espazo singular para acoller unha festa con 1.500 convidados.

Proxecto: Modificouse completamente a aparencia do Pazo de Congresos de Santiago mediante teares, moqueta, pintura, mesas retroiluminadas e proxeccións de vídeo.

Cúpula R
Volvo Ocean Race

Cliente: Fundación para o Deporte Galego. Xunta de Galicia.

Proposta: Deseñar e instalar a carpa institucional e desenvolver unha exposición relacionada co evento.

Proxecto: Deseñouse unha carpa cunha exposición, unha área infantil e espazo cunha zona VIP para as autoridades..

Volvo Ocean Race
Día de Internet

Cliente: Xunta de Galicia e R.

Proposta: Utilizar a carpa R para crear un espazo de carácter fortemente tecnolóxico no que celebrar no eido institucional o Día de Internet.

Proxecto: Incorporouse no interior da carpa unha pantalla inchable de gran formato para a proxección de curtametraxes pertencentes a un concurso e diversos terminais conectados a Internet.

De forma complementaria, un can robot, Aibo, conectado á rede, actuou para o presidente da Xunta.

Volvo Ocean Race
Regatas Caixa Galicia

Cliente: Caixa Galicia .

Proposta: Crear actividades infantís relacionadas co mar para acompañar as regatas patrocinadas pola entidade.

Proxecto: Preparáronse distintas carpas con actividades teatralizadas consistentes en bautismos piratas, prácticas de navegación a vela por radiocontrol nunha piscina e navegación virtual mediante o xogo virtual Skipper.

Volvo Ocean Race